Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    Mensaxe de benvida á nova web da EGAP

    A Escola / Martes, 3 de Xaneiro de 2012.

    A Escola Galega de Administración Pública inicia unha nova etapa na rede coa publicación dunha páxina web 2.0 e a súa presencia nas principais redes sociais. A través destas canles de comunicación a EGAP abre unha fiestra cara á cidadanía na que comparte máis de mil recursos multimedia que se ampliarán progresivamente.


    Coa nova web achégase a toda a sociedade o acervo de coñecementos da Escola e ofrécese ao usuario a posibilidade de descargar de xeito gratuíto vídeos, fotografías, presentacións multimedia, etc. Ademais, poderanse descargar de balde todas as publicacións editadas pola EGAP, entre as que destacan os temarios, a Regap e Administración&Cidadanía. Do mesmo xeito, o alumnado da Escola poderá ter toda a información sobre as actividades formativas, acceder ás convocatorias e plans de formación e coñecer todos os avances que se están a levar a cabo no relativo á calidade na formación.

    Desde a EGAP invitámosvos a seguirnos na nosa páxina de Facebook, de Twitter e de Youtube. Nelas poderedes estar informados en tempo real de todas as novidades formativas e divulgativas da Escola. Esperamos que este novo espazo de información e divulgación sexa do voso agrado e invitámosvos a compartilo e a enriquecelo coas vosas achegas.

  •   Anterior Seguinte  
    Pax 16 de 1208
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212