A Escola Galega de Administración Pública convoca no DOG núm. 241, do 20 de decembro, un Curso de rehabilitación e revitalización urbana en Galicia: da conservación dos centros históricos ás áreas de rehabilitación integral nos barrios populares. Esta actividade formativa ten como finalidade transmitir a necesidade da renovación e rehabilitación urbana como alternativa ao modelo de crecemento urbano sen límites e mostrar como conseguir unha xestión eficiente dos programas de rehabilitación.