Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    Actualización dos temarios

    Temarios / Mércores, 25 de Xaneiro de 2012.

    Achégase a versión en galego do Real Decreto Lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de Contratos do Sector Público, e que substitúe á Lei 30/2007, do 30 de outubro, de contratos do sector público, seguindo as notas aclaratorias sobre as normas de dereito positivo publicadas pola Dirección Xeral de Función Pública.


    Os temarios que se modifican son os seguintes:

    • Corpo superior da Administración da Xunta de Galicia, subgrupo A1. Apartado 16 do Bloque de Normas.
    • Corpo de xestión da Administración da Xunta de Galicia, subgrupo A2. Apartado 16 do Bloque de Normas.
    • Corpo auxiliar da Xunta de Galicia, subgrupo C2. Apartado 11 do Bloque de Lexislación.
    • Corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala de enxeñeiros de camiños, canles e portos. Apartado 7 da Parte xeral.
    • Corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia, subgrupo A2, escala de arquitectos técnicos. Apartado 7 da Parte xeral común.
    • Corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia, subgrupo A2, escala enxeñeiros técnicos de obras públicas. Apartado 7 da Parte xeral común.

    Os temarios pódense consultar no apartado EGAP A MÁIS

    Segundo o publicado nas convocatorias destes procesos selectivos, procedemento de oposición, teranse en conta as normas de dereito positivo relacionadas co contido do programa que no momento de publicación no DOG do nomeamento do tribunal do proceso conten con publicación oficial no boletín ou diario correspondente. Recórdase aos interesados que o Real Decreto Lexislativo 3/2011 foi modificado pola Orde EHA/3479/2011, do 19 de decembro, pola que se publican os límites dos distintos tipos de contratos para efectos da contratación do sector público a partir do 1 de xaneiro de 2012. O texto actualizado pode consultarse no apartado de EGAP A MÁIS, Lexislación xeral dos temarios.
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 33 de 1198
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212