Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    O Inega convoca o curso “Xestor para a eficiencia 2012”

    Cursos / Luns, 6 de Febreiro de 2012.

    O Inega convoca este curso para formar profesionais en materia de eficiencia enerxética que favoreza o acceso a postos de traballo neste eido.


    O curso "Xestor para a eficiencia 2012" está deseñado para ser feito a distancia con documentación proporcionada a través da plataforma dixital do curso. Dispón dunha duración de 120 horas cun exame presencial final. O contido está dirixido a formar a técnicos en materia de eficiencia enerxética e estrúturase en 12 bloques. Ao final de cada un existe dun test de avaliación. Cada bloque pretende dar unha visión xeral dos aspectos máis determinantes que inflúen na eficiencia enerxética.

     

    Convócanse un máximo de 200 prazas.

    Os criterios de admisión serán, por este orde, a procedencia xeográfica e a data de solicitude. En canto ao primeiro criterio, darase prioridade aos alumnos residentes en Galicia, circunstancia que se debe acreditar co documento nacional de identidade ou co certificado de empadroamento.

     

    Prezo: 50 euros

    Prazo de inscrición: do 6 ao 26 de febreiro.

     

    Máis información e inscricións na páxina web do Inega: www.inega.es

  •   Anterior Seguinte  
    Pax 34 de 1219
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212