O obxectivo desta actividade é presentar as actuacións realizadas polas Administracións públicas galegas en ambas as dúas materias e analizar a problemática que afecta a cada administración. Ademais ofrecerase información para coñecer as novas normativas, os conceptos técnicos, as súas esixencias de cumprimento e as formas de responder á súa correcta aplicación.
Data: 30 de maio de 2012
Horario: de 9 a 14.30 horas
Destinatarios: responsables políticos e técnicos, de organización, informática e comunicacións, participación cidadá, estudos, así como secretarios e interventores das diferentes administracións de Galicia
Lugar: Salón de Actos da EGAP, Santiago de Compostela
Prezo: gratuíto
Inscricións: http://www.clubdeinnovacion.es/inscripcion-jornadas.html
Máis información: http://egap.xunta.gal/fichaxornada/index/6043