A Escola Galega de Administración Pública súmase aos actos de homenaxe ao ensaísta e poeta pontevedrés Valentín Paz Andrade. Con motivo desta celebración a EGAP organiza un acto literario e unha viaxe de interese cultural polos escenarios nos que se desenvolveu boa parte da vida de Valentín Paz Andrade.
	
	O acto literario estará aberto a calquera outra persoa interesada, mentres que á viaxe cultural terá acceso só o persoal ao servizo de calquera das administracións públicas de Galicia (ata 40 prazas). No caso de presentárense máis solicitudes que prazas, terá preferencia o persoal da Xunta de Galicia.
	
	Data e lugar do acto literario: 22 de maio ás 19 horas no Salón de actos da EGAP
	
	Data da viaxe cultural: 17 de maio, en horario de mañá e tarde
	
	Para inscribirse na viaxe será preciso presentar por rexistro ou fax o modelo que aparece na convocatoria do DOG antes das 12 horas do 16 de maio. Para a selección da viaxe cultural terase en conta a data de entrada da solicitude no rexistro xeral da EGAP ou a data do fax.
	
	Máis información na convocatoria do DOG publicada o 15 de maio de 2012, nos teléfonos 881 597 251, 981 546 239 e 981 546 235, e na páxina web da EGAP.
| Relación de seleccionados: Viaxe cultural do día das letras galegas 17 de maio de 2012 |