A Escola Galega de Administración Pública convoca a través do DOG unha xornada para dar a coñecer a nova Lei do deporte galego (Lei 3/2012, do 2 de abril, do deporte de Galicia), de recente publicación.
A xornada fará especial fincapé nas principais novidades da norma de recente publicación, en aspectos tales como as competencias das administracións públicas, as entidades deportivas, a xustiza deportiva, a protección da saúde dos deportistas, a loita contra a dopaxe e a loita contra as condutas contrarias á orde deportiva, entre outras materias. Así mesmo, propiciarase un punto de encontro entre o ámbito xurídico e os axentes da actividade deportiva, no cal se aborden as cuestións recollidas pola nova lei.
Convocatoria: DOG núm. 92, do 15 de maio de 2012
Data: 30 de maio de 2012
Duración: 4 horas, en horario de tarde
Lugar: Escola Galega de Administración Pública, Santiago de Compostela
Solicitudes: mediante o modelo que figura como anexo na convocatoria a través de rexistro, por fax (981 546 330) ou por correo electrónico (novas.egap@xunta.gal).
Prazo de inscrición: ata o 28 de maio
Prezo: gratuíto