A Escola Galega de Administración Pública convoca, en colaboración co Consello Galego da Competencia, as VI Xornadas Nacionais de Defensa da Competencia: Competencia e Protección de Consumidores.
Esta actividade ten como principal obxectivo analizar as cuestións que suscita a protección dos consumidores por prácticas contrarias á libre competencia e a necesaria resposta institucional para dotarse de mecanismos eficientes de reacción e solución de conflitos.
A xornada vai dirixida a membros das autoridades da competencia españolas, empregados públicos das distintas administracións públicas, en especial da Administración local de Galicia, empresarios, profesionais liberais e membros da comunidade académica.
Convocatoria: DOG núm. 92, do 15 de maio de 2012
Data: 24 e 25 de maio de 2012
Duración: 10 horas
Lugar: Escola Galega de Administración Pública, Santiago de Compostela
Solicitudes: Para inscribirse encha o formulario anexo e envíeo por correo electrónico ao seguinte enderezo: informacion@consellogalegodacompetencia.es (recibirá un correo electrónico confirmando a inscrición). As persoas interesadas poderán acceder ao boletín de inscrición e ao resto de información destas xornadas na páxina web do Consello Galego da Competencia (http://www.consellogalegodacompetencia.es/) e da EGAP (http://egap.xunta.gal/).
Prezo: gratuíto