O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) abriu o prazo de inscrición no curso en liña "Aspectos legais de Internet e das TICs", unha actividade formativa que se inscribe dentro do Programa de Formación do CPEIG para o presente ano.
O curso ofrece os instrumentos teóricos e, sobre todo, prácticos do Dereito en relación a Internet e ás novas tecnoloxías. Analiza a lexislación relevante e achega unha completa análise da xurisprudencia non só en España, senón tamén en Europa.
Datas: do 21 de maio ao 30 de xuño
Prazo de inscrición: ata o 16 de maio
Prezo: colexiados 150 e persoas alleas ao ente colexial 195 euros
Máis informacióne inscricións na web do CPEIG: www.cpeig.org/portal/node/1315