A Escola Galega de Administración Pública convoca esta xornada dirixida polo profesor Dr. Antonio Fernández de Buján e Fernández, catedrático de Dereito Romano da Universidade Autónoma de Madrid.
A Xornada sobre a Hora da Xurisdición Voluntaria vai dirixida aos empregados públicos das administracións públicas de Galicia, xuíces e maxistrados, fiscais, secretarios xudiciais, notarios, rexistradores da propiedade e mercantís, avogados, procuradores, profesores universitarios e alumnos das universidades do sistema universitario de Galicia e interesados en xeral.
Convocatoria: DOG núm. 82, do 30 de abril de 2012
Data: 14 de maio de 2012
Lugar: Escola Galega de Administración Pública, Santiago de Compostela
Solicitudes: mediante o modelo que figura como anexo na convocatoria a través de rexistro, por fax (981 546 330) ou por correo electrónico (novas.egap@xunta.gal).
Prazo de inscrición: ata o 11 de maio
Prezo: gratuíto