O persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia poderá acceder a 1.500 prazas de probas libres convocadas pola EGAP que acrediten os seus coñecementos sobre “aplicacións ofimáticas de xestión de información e documentación”. Estas probas encádranse dentro do Plan Ofimático de Galicia referido a Tecnoloxías da Información e da Comunicación que a EGAP puxo en marcha no ano 2011 en consonancia coa Axenda Dixital de Galicia 2014.gal e en colaboración coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.
Publicación: DOG núm. 83, do mércores 2 de maio de 2012
Número de prazas: 1.500
Prazo de matrícula: ata o 18 de maio ás 14 horas
Inscrición: egap.xunta.gal/matricula
Dirixido a: persoal da Administración autonómica
Número máximo de solicitudes por persoa: tres
Lugar dos exames: EGAP, Santiago de Compostela
Datas dos exames: 18, 19, 20 e 21 de xuño e 16 e 17 de outubro de 2012
Resolución |