Este congreso, que terá lugar na segunda semana de maio, será o evento ambiental máis importante na historia de Galicia, o que converterá á Comunidade nun referente ambiental a nivel internacional e no punto de encontro de ambientalistas e sanitarios, entre os que cómpre destacar a presenza de expertos de recoñecido prestixio e profesores invitados de alto nivel.
Datas: entre o 8 e o 11 de maio de 2012
Lugar: Escola Galega de Administración Pública, Santiago de Compostela
Cota de inscrición: 100 euros (50% para antigos alumnos dos Cursos de Saúde Ambiental, empregados públicos, membros de sociedades científicas e asociacións sen ánimo lucro e técnicos e xestores de entidades e empresas, colaboradores desta iniciativa) e 100 bolsas cunha cota especial de 30 euros (para estudantes e parados). Máis información e inscricións: congresosaludambiental@gmail.com
Esta iniciativa forma parte do Programa Galego Municipios Saudables e Sostibles 2000-2012, que tras o seu periplo itinerante pola xeografía galega desde o seu inicio no ano 2000 contou coa participación de 4.701 ambientalistas, 253 concellos (248 galegos, 1 asturiano, 2 leoneses e 2 portugueses) e 5 entidades locais e rexionais portuguesas nos 49 Cursos de Saúde Ambiental realizados. Con motivo de conmemorar a 50ª edición terá lugar este congreso de especial relevancia e significación, que ten como obxectivo prioritario contribuír ao desenvolvemento sustentable, protexer e conservar o medio ambiente e con isto mellorar as condicións de vida urbana e a saúde dos nosos concidadáns, ademais de contribuír á posta en valor e á difusión do patrimonio natural da nosa querida terra e intensificar a cooperación entre Galicia e Portugal neste ámbito.
Para máis información faga clic aquí.