O CPEIG reunirá diferentes expertos galegos e do resto de España para abordar o movemento que aposta por que determinados datos estean dispoñibles de forma libre a todo o mundo, sen restricións de copyright nin patentes, ou outros mecanismo de control. A filosofía do Open Data reside en liberar os datos co fin de propiciar o seu uso.
A xornada terá lugar, en horario de mañá, no Auditorio da Biblioteca da Cidade da Cultura, en Santiago de Compostela. O acceso ás charlas é libre ata completar o aforo.