A Escola Galega de Administración Pública organiza en colaboración coa Consellería de Traballo e Benestar, a Dirección Xeral de Xustiza e a Fundación Gavela as Xornadas sobre protección xurídica e discapacidade.
O obxectivo destas xornadas é facilitar aos profesionais vinculados á discapacidade, en maior ou menor medida, desde un ou outro ámbito de actuación, coñecementos actualizados sobre a protección xurídica das persoas con discapacidade conforme a Convención, así como crear un foro de encontro e intercambio das entidades e profesionais que en Galicia dirixen a súa actividade ás persoas con capacidade modificada xudicialmente asumindo medidas de apoio e protección (fundamentalmente, entidades tutelares).
Destinatarios: profesionais, tanto do ámbito da atención a colectivos desfavorecidos como do ámbito xurídico; entidades vinculadas á atención a colectivos desfavorecidos, especialmente ao ámbito da discapacidade; entidades e profesionais vinculados ao exercicio de medidas de protección xurídica; e profesionais e interesados en xeral na materia.
Datas: 3 e 4 de maio de 2012
Lugar: Escola Galega de Administración Pública, EGAP
Inscricións: ver DOG núm. 70, do 12 de abril de 2012
Máis sobre esta xornada: http://egap.xunta.gal/fichaxornada/index/5984