Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    A EGAP convoca o Curso superior de técnico de urbanismo 2012

    A Escola / Luns, 25 de Xuño de 2012.

    A Escola Galega de Administración Pública (EGAP) convoca no DOG núm. 119, do venres, 22 de xuño de 2012, o Curso superior de técnico de urbanismo correspondente ao ano 2012.


    Esta actividade formativa ten como finalidade que o alumnado adquira os coñecementos teórico-prácticos e as habilidades que os capaciten para actuar no mundo da ordenación do territorio e do urbanismo e para responsabilizarse dos procesos de xestión do solo.

    Neste curso superior, partirase da análise e do estudo pormenorizado da normativa de ordenación do territorio e urbanística, con especial atención á autonómica galega, combinando o estudo dos fundamentos teóricos cunha completa formación práctica que se fai imprescindible no ámbito da ordenación do territorio e do urbanismo.

    Número de prazas: 40
    Duración: 350 horas, entre o 27 de setembro de 2012 e o 13 de xuño de 2011
    Prezo da matrícula: entre 1980 e 3960 euros
    Prazo de inscrición: 12 de xullo de 2012
    Lugar de inscrición: http://egap.xunta.gal/cursoUrbanismo
    Máis información: ficha do curso
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 63 de 1198
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212