Máster en Ordenación Xurídica do Mercado da Universidade de Vigo
Cursos / Luns, 9 de Xullo de 2012.
En virtude do convenio de colaboración entre a EGAP e a Universidade de Vigo, asinado o 11 de xuño de 2012, infórmase aos interesados sobre o Máster en Ordenación Xurídica do Mercado. Esta titulación ofrece formación xurídica interdisciplinar para licenciados en Dereito, Economía, Administración e dirección de empresas, e Ciencias políticas. A docencia semipresencial permite adaptar o estudo aos horarios de traballo dos interesados ou a outras actividades. Tamén é posible a matrícula a tempo parcial.
O máster constitúe o período de formación previo ao programa de Doutoramento con Mención cara á Excelencia do Ministerio de Educación, en Ordenación Xurídica do Mercado. Trátase dun dos seis programas de doutoramento coa dita mención en toda España e o único de todo o noroeste peninsular.
Prazo de preinscrición: do 29 de xuño ao 4 de xullo e do 27 de agosto ao 3 de setembro.
Máis información: http://www.webs.uvigo.es/masterccxurdicas/