Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    Sonia Rodríguez-Campos substitúe a Pablo Figueroa á fronte da Escola Galega de Administración Pública

    A Escola / Venres, 13 de Xullo de 2012.

    O Consello da Xunta aprobou onte o decreto de nomeamento da profesora de Dereito Administrativo Sonia Rodríguez-Campos como directora da Escola Galega de Administración Pública, cargo en que substitúe a Pablo Figueroa Dorrego, cuxo decreto de cesamento tamén foi aprobado onte no Consello do Goberno galego.


    Sonia Rodríguez-Campos naceu en Ourense e é profesora titular de Dereito Administrativo no campus de Ourense da Universidade de Vigo. É licenciada en Dereito pola Universidade Complutense de Madrid, máster en Dirección e Administración de Empresas pola Universidade de Gales e doutora en Dereito coa cualificación de sobresaínte cum laude pola súa tese sobre o réxime xurídico da calidade industrial. Conta cunha ampla traxectoria como xurista e docente, que inclúe tres monografías en materia de ordenación económica e máis de vinte artigos en revistas xurídicas, nos cales abordou cuestións como a xustiza administrativa, o dereito da competencia, a defensa ambiental e do patrimonio histórico, a ordenación urbanística ou as políticas públicas europeas.

    Rodríguez-Campos tamén foi investigadora en facultades de dereito como a Universidade París XII-Val de Marne ou La Sapienza, en Roma, e ten participado en distintos proxectos de investigación. Así mesmo, no seu currículo tamén figura ter colaborado na asesoría xurídica da Cámara da Propiedade Urbana de Vigo e ser vogal dos consellos de dirección da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia e da Academia Galega de Seguridade Pública.

  •   Anterior Seguinte  
    Pax 68 de 1219
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212