Este curso ten como finalidade proporcionar unha formación integral sobre as institucións básicas de dereito administrativo na súa aplicación ás entidades locais e proporcionar ao alumnado un coñecemento actualizado das novidades normativas e xurisprudenciais, especialmente de ámbito local, pero tamén autonómico, estatal e comunitario.
Número de prazas: 40
Destinatarios: empregados públicos da Administración local (20 prazas) e persoal contratado polas administracións públicas, profesionais relacionados co eido de estudo e interesados en xeral (20 prazas)
Duración: 200 horas, entre outubro de 2012 e maio de 2013
Lugar: Sede da EGAP, Santiago de Compostela
Horario: martes de 10.00 a 14.00 h e de 16.00 a 20.00 h
Prezo da matrícula: entre 850 e 1700 euros
Prazo de inscrición: do 18 de xullo ao 6 de agosto
Lugar de inscrición: http://egap.xunta.gal/cursoLocal
Máis información: http://egap.xunta.gal/fichacurso/index/6161