Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    A EGAP convoca un curso sobre Procedemento Expropiatorio

    Cursos / Xoves, 19 de Xullo de 2012.

    A Escola Galega de Administración Pública (EGAP) convoca no DOG núm. 138, do xoves, 19 de xullo de 2012, o Curso sobre procedemento expropiatorio: criterios e métodos de valoración empregados polo Xurado de Expropiación de Galicia. Esta actividade formativa será realizada en colaboración co Xurado de Expropiación de Galicia, a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) e a Dirección Xeral de Administración Local.


    Ten como obxectivo principal que os destinatarios do curso obteñan unha visión práctica e realista da complexa materia das actuacións en materia de expropiación da Xunta de Galicia e dos municipios da Comunidade Autónoma, analizando cuestións de actualidade neste campo, tanto de forma individual como en grupo.

    Número de prazas: 40
    Destinatarios: empregados públicos -do grupo A (subgrupos A1 e A2), dos grupos I e II do persoal laboral ou persoal eventual- (20 prazas), e persoal contratado polas administracións públicas ou profesionais con estudos superiores relacionados co eido de estudo (20 prazas).
    Duración: 64 horas, entre o 25 de setembro de 2012 e o 22 de xaneiro de 2013
    Lugar: Sede da EGAP, Santiago de Compostela
    Horario: os martes de 16.00 a 20.00 h
    Prezo da matrícula: entre 225 e 450 euros
    Prazo de inscrición: do 20 de xullo ao 8 de agosto
    Lugar de inscrición: http://egap.xunta.gal/cursoExpropiacion
    Máis información: http://egap.xunta.gal/fichacurso/index/6162
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 70 de 1237
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212