A Escola Galega de Administración Pública (EGAP) convoca no DOG núm. 138, do xoves, 19 de xullo de 2012, o II Curso de Rehabilitación e Revitalización Urbana en Galicia; levado a cabo en colaboración coa Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), a Dirección Xeral de Administración Local e o Instituto de Estudos do Territorio (IET).
Esta actividade formativa ten como obxectivos transmitir a necesidade da renovación e rehabilitación urbana como unha alternativa ao modelo de crecemento urbano sen límites, dar a coñecer unha metodoloxía válida para realizar as memorias-programa para a petición de ARI´S, e amosar como conseguir unha xestión eficiente dos programas de rehabilitación, entre outros.
Número de prazas: 40
Destinatarios: empregados públicos -do grupo A (subgrupos A1 e A2), dos grupos I e II do persoal laboral ou persoal eventual- (30 prazas), e persoal contratado polas administracións públicas ou profesionais con estudos superiores relacionados co eido de estudo (10 prazas).
Duración: 50 horas, entre o 5 de novembro e o 3 de decembro de 2012
Lugar: Sede da EGAP, Santiago de Compostela
Horario: os luns, martes e mércores das 16.00 ás 20.00 horas
Prezo da matrícula: entre 200 e 400 euros
Prazo de inscrición: do 20 de xullo ao 8 de agosto
Lugar de inscrición: http://egap.xunta.gal/cursoRehabilitacion
Máis información: http://egap.xunta.gal/fichacurso/index/6072