Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    A EGAP convoca dous cursos de formación sobre a violencia contra as mulleres con discapacidade

    A Escola / Mércores, 19 de Setembro de 2012.

    De acordo co convenio de colaboración subscrito entre a Escola Galega de Administración Pública e a Secretaría Xeral da Igualdade para o desenvolvemento de actividades de formación, divulgación e investigación, convócanse dous cursos de formación sobre a violencia contra as mulleres con discapacidade, un para o persoal da Administración autonómica e outro para o da local.


    Esta actividade formativa ten como finalidade dar a coñecer a realidade das mulleres con discapacidade, incidindo en aspectos tales como o sistema sexo-xénero, a sexualidade, a accesibilidade e a violencia exercida contra as mulleres con discapacidade.

    Destinatarios: traballadores sociais ao servizo da Administración local de Galicia e empregados públicos ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia.
    Duración: 20 horas
    Modalidade: presencial
    Número de prazas: 25 en cada curso
    Datas e horario: do 15 ao 25 de outubro de 2012 para o persoal da Administración autonómica e do 5 ao 15 de novembro para o persoal da Administración local
    Horario: das 16.30 ás 19.00 h
    Lugar: Escola Galega de Administración Pública, Santiago de Compostela
    Presentación de solicitudes: egap.xunta.gal/matricula
    Prazo de presentación: desde as 8.00 h do 20 de setembro ata o 3 de outubro ás 14.00 h

    CV12071 - Violencia contra as mulleres con discapacidade.

    CV12072 - Violencia contra as mulleres con discapacidade.
  • Recursos
  •   Convocatoria DOG - Autonómico  
  •   Convocatoria DOG - Local  
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 77 de 1219
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212