Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    A EGAP leva impartidas case 800 actividades formativas durante o primeiro semestre deste ano

    A Escola / Mércores, 5 de Setembro de 2012.

    A directora da Escola informoulle ao Consello Reitor que dende comezo deste ano, a EGAP acolleu un total de 788 actividades formativas que sumaron un total de 23.000 horas. Ademais, os empregados públicos das Administracións autonómica, local e de xustiza puideron optar a un total de 32.822 prazas.


    Sonia Rodriguez-Campos destacou na súa intervención a importancia que acadou dentro da Escola a modalidade de ensinanza online, que neste momento representa o 60% do total das prazas ofertadas, e resaltou os bos resultados acadados nas enquisas de satisfacción, resaltando a calidade como requisito básico da ensinanza, e á EGAP 2.0, que supuxo a apertura dos fondos documentais da Escola á sociedade e aos empregados públicos galegos a través da súa páxina web.

    A directora tamén fixo fincapé no mantemento da oferta referida a idiomas estranxeiros, xa que durante este ano se convocaron un total de 55 cursos que serviron para dar formación a 1.960 persoas en lingua inglesa, francesa, portuguesa, alemá, árabe, chinesa e rusa. No referente ás ensinanzas sobre lingua galega, destacou a boa acollida por parte do alumnado dos cursos de linguaxe administrativa e xurídica da modalidade de teleformación e a súa extensión ao nivel superior.

    Así mesmo, resaltou o ambicioso plan de formación relacionado coa certificación de competencias dixitais en Tecnoloxías da información e da comunicación (TIC), posto en marcha en colaboración coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega). A través das actividades formativas do dito plan, contribúese a mellorar as competencias dixitais dentro da Administración, o que xa lle permitiu a máis de 200 empregados públicos obter a dita certificación.

    O Consello Reitor da EGAP está integrado por expertos de recoñecido prestixio e con representantes das Universidades galegas, da Administración autonómica e local de Galicia e das organizacións sindicais.

  •   Anterior Seguinte  
    Pax 84 de 1219
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212