Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    A EGAP colabora coa Deputación de Ourense no desenvolvemento conxunto de actividades de formación, divulgación e investigación

    A Escola / Martes, 11 de Setembro de 2012.

    A directora da Escola Galega de Administración Pública, Sonia Rodríguez-Campos, e o presidente da Deputación de Ourense, José Manuel Baltar, asinaron hoxe pola mañá un convenio de colaboración que ten coma obxecto a participación nas actividades da Escola do persoal dependente da Deputación Provincial e das entidades locais da provincia de Ourense.


    A directora da Escola, Sonia Rodriguez-Campos, destacou que a EGAP, como institución formativa, pon a disposición da Deputación Provincial de Ourense a súa plataforma propia de teleformación para realizar os cursos nesta modalidade, que dende o ano 2009 ofreceu máis de 25.000 prazas.

    Rodríguez-Campos destacou que a teleformación se converteu nunha peza fundamental da xestión da formación da EGAP, chegando a supor o 60 por cento de todas as actividades. Este feito non incide só nunha maior eficiencia no uso dos recursos, senón que tamén ten un valor engadido fundamental ao facilitar a conciliación da vida familiar e laboral e ao permitir realizar cursos a todas aquelas persoas con dificultades de acceso á formación presencial.

    Finalmente, Rodriguez-Campos lembrou que entre os fins da Escola está a formación, o perfeccionamento, a investigación, a documentación, o estudo e a realización de traballos de divulgación no campo da Administración pública, promovendo tamén a súa máxima difusión.

  •   Anterior Seguinte  
    Pax 86 de 1219
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212