Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    O director xeral de Xustiza e a directora da EGAP clausuran o Curso de formación de procuradores dos tribunais

    Cursos / Sábado, 15 de Setembro de 2012.

    A directora da Escola Galega de Administración Pública, Sonia Rodríguez-Campos, clausurou esta mañá na sede da EGAP o Curso de formación de procuradores dos tribunais para o Máster universitario en procuradoría. A este acto tamén asistiron Juan José Martín, director xeral de Xustiza; José Ángel Pardo, presidente do Consello Galego de Procuradores; e Lotario Vilaboy, director da Escola de Práctica Xurídica de Santiago de Compostela.


    Durante a súa intervención, a directora da Escola destacou a importancia da figura do procurador dentro do sistema xurídico, sinalándoo “como unha peza esencial no novo deseño do proceso, ao tratarse dun profesional con coñecementos técnicos sobre aquel, representando ás partes ante os Órganos xurisdicionais, co deber primordial de colaborar con estes na nobre función pública de administrar Xustiza”.

    Este curso, que se desenvolveu entre o venres 15 e o sábado 16 de setembro, tivo como finalidade ofrecer aos docentes do Máster universitario en procuradoría unha visión completa e específica sobre os obxectivos, competencias e características deste programa de posgrao. O dito máster está organizado polas Universidades de Santiago de Compostela, A Coruña e Vigo en colaboración co Consello Galego dos Procuradores e cos Ilustres Colexios de Procuradores da Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, Vigo e Santiago de Compostela.

    Sinatura dun convenio de colaboración

    Ademais, na mañá de hoxe a directora da EGAP e o presidente do Consello Galego dos Procuradores asinaron un convenio de colaboración para desenvolver actividades de formación, divulgación e investigación de xeito conxunto. Este último organismo ten como finalidade fomentar, crear e organizar institucións, servizos e actividades, con relación á profesión de procurador dos tribunais, que teñan por obxecto a formación e perfeccionamento profesional, a promoción cultural, a asistencia social e sanitaria, a previsión, a cooperación e o mutualismo, o fomento da ocupación e outras actuacións convenientes.

  •   Anterior Seguinte  
    Pax 87 de 1219
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212