Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    A EGAP e Cosital poñen en marcha un Curso de actualidade xurídica de réxime local

    Cursos / Venres, 14 de Setembro de 2012.

    Esta mañá a directora da Escola Galega de Administración Pública (EGAP), Sonia Rodríguez-Campos, e o presidente do Colexio Territorial de Secretarios, Interventores e Tesoureiros de Administración Local de Pontevedra (Cosital), José Carlos Castiñeira, asinaron un convenio de colaboración que fará posible desenvolver actividades de maneira conxunta.


    Grazas á sinatura deste documento, ambas as dúas entidades comezarán a colaborar para pór en marcha actividades formativas, divulgativas e de investigación que lles permitirán conseguir un mellor cumprimento dos seus respectivos fins, en beneficio da cidadanía e da sociedade galega.

    Como froito da sinatura do dito convenio, as dúas entidades anunciaron a creación do I curso de actualidade xurídica de réxime local, centrado na aplicación nas entidades locais da Lei orgánica 2/2012 de estabilidade orzamentaria e sostibilidade financeira. A través desta actividade tratarase a aplicación da Lei 2/2012 na Administración local dentro da actual conxuntura económica, xurídica e política. Este curso, cunha duración total de 16 horas, terá lugar entre o 29 e o 31 de outubro, e analizará, entre outros, os conceptos de déficit estrutural, estabilidade orzamentaria, reequilibrio financeiro, endebedamento ou sostibilidade financeira.

  •   Anterior Seguinte  
    Pax 91 de 1219
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212