Ao acto de presentación tamén acudiron Norberto Uzal, director xeral de Administración Local; Eduardo Ramonde, secretario xeral da Fegamp; e Mª Concepción Campos, directora da Xornada e secretaria de goberno local do Concello de Vigo.
Durante a inauguración, a directora da Escola destacou a importancia deste ciclo formativo, que ten por obxectivo ofrecer unha visión práctica das principais cuestións en materia de réxime xurídico do persoal ao servizo das Entidades Locais, dende a perspectiva de funcionarios de administración local expertos na materia.
Ao longo da xornada, numerosos especialistas en dereito e xestión do persoal trataron temas concretos como a tipoloxía de empregados públicos, os procesos de selección, a relación de postos de traballo, os dereitos e deberes dos empregados públicos, ou as últimas modificacións normativas.