A Escola organiza un curso para directivos de asociacións veciñais
Cursos / Xoves, 11 de Outubro de 2012.
A Escola Galega de Administración Pública (EGAP), a Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza a través da Dirección Xeral de Administración Local e a Confederación Galega de Asociacións Veciñais Rosalía de Castro (en adiante COGAVE) organizan un curso para directivos de asociacións veciñais.
Ao abeiro do convenio de colaboración asinado o 17 de abril de 2012 entre a Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, a Confederación Galega de Asociacións Veciñais Rosalía de Castro e a EGAP, convócase un Curso de directivos de asociacións veciñais destinado a directivos, presidentes e secretarios de asociacións veciñais federadas.
Duración: 20 horas
Prazas: 30
Localidades e datas:
- Lugo (Salón de actos da COGAVE, rúa Alcalde Luis Ameijide, 10 entrechán-C): 20 e 27 de outubro e 10, 17 e 24 de novembro de 9:30 a 13:30 horas.
- A Coruña (Salón de actos da Delegación Territorial da Xunta de Galicia, rúa Vicente Ferrer, 2): 19 e 26 de outubro e 9, 16 e 23 de novembro de 17:00 a 21:00 horas.
- Ourense (Centro Cultural da Deputación de Ourense “Marcos Valcarcel”, rúa progreso, 30 (ao carón da deputación) aula Cruz Vermella, 2º piso): 19 e 26 de outubro e 9, 16 e 23 de novembro de 17:00 a 21:00 horas.
- Pontevedra (Sala de conferencias da Delegación Territorial da Xunta de Galicia, rúa Fernandez Ladreda, 43): 19 e 26 de outubro e 9, 16 e 23 de novembro de 17:00 a 21:00 horas.
- Vigo (edificio administrativo da Xunta de Galicia, rúa Concepción Arenal, 8): 20 e 27 de outubro e 10, 17 e 24 de novembro de 9:30 a 13:30 horas.
Matrícula: para inscribirse no curso é preciso dirixirse ás Federacións Veciñais de cada localidade. Para máis información poderán contactar con COGAVE a través dos números de teléfono 982 801 692 e 982 203 721.
Programa:
BLOQUE 1.: O asociacionismo veciñal
BLOQUE 2.: O procedemento administrativo
BLOQUE 3.: Axudas e subvencións
BLOQUE 4.: O Urbanismo
BLOQUE 5.: Protocolo e organización de actos