Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    Igualdade e a EGAP inician hoxe un curso de formación sobre violencia de xénero contra as mulleres con discapacidade

    Cursos / Luns, 15 de Outubro de 2012.

    A Secretaría Xeral da Igualdade, en colaboración coa EGAP e coa Asociación de Mulleres con Discapacidade de Galicia, inicia hoxe un curso sobre violencia de xénero e discapacidade dirixido a persoal da Administración autonómica, que terá unha segunda quenda a partires do 5 de novembro, nesa ocasión para profesionais das administracións locais de Galicia.


    En ambos os dous casos, os contidos do curso, de 20 horas de duración, están orientados a dar a coñecer a realidade das mulleres con discapacidade, abordando en catro módulos cuestións relacionadas co xénero e a discapacidade, como o ciclo e etapas da violencia, o sistema sexo-xénero, a sexualidade, a accesibilidade ou as peculiaridades da violencia específica sobre as mulleres con discapacidade.

    Un 9% das vítimas son mulleres con discapacidade
    A Secretaría Xeral da Igualdade toma en consideración o factor da discapacidade tanto na súa oferta formativa, como na convocatoria de axudas para entidades de iniciativa social, así como no baremo de concesión de subvencións económicas para as mulleres vítimas de violencia de xénero. Das 299 vítimas que percibiron axudas económicas da Xunta o pasado ano, 27 eran mulleres con discapacidade, o que supón unha incidencia do 9% sobre a totalidade das afectadas pola violencia de xénero.

    A acción formativa que comeza hoxe desenvólvese en colaboración coa EGAP e coa Asociación de Mulleres con Discapacidade de Galicia, ACADAR, e forma parte dunha ampla liña de actuación da Xunta ao obxecto de mellorar o coñecemento e a formación sobre a violencia de xénero contra as mulleres con discapacidade. Neste eido destaca o recente estudo “Discapacidade e xénero: aproximación á situación das mulleres con discapacidade” elaborado polas secretarías xerais de Política Social e da Igualdade, como parte das medidas incluídas no Plan de Acción Integral de Persoas con Discapacidade 2010-2013.
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 96 de 1219
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212