Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    O INAP, a EGAP e as deputacións provinciais reúnense para estudar fórmulas de colaboración no eido formativo

    A Escola / Martes, 27 de Novembro de 2012.

    Responsables do Instituto Nacional de Administración Pública, da Escola Galega de Administración Pública e das catro deputacións provinciais reuníronse hoxe en Santiago de Compostela para establecer un marco de colaboración e coordinación en materia formativa.


    Durante esta reunión, varios responsables dos citados organismos continuaron traballando nunha liña de acción xa iniciada pola Escola, que ten como misión fomentar a colaboración entre as diferentes administracións coa finalidade de profundar nunha xestión máis eficiente e sen duplicidades na área da formación.

    Deste xeito, a EGAP dálle continuidade aos protocolos de colaboración asinados durante o 2012 entre a Xunta e as catro deputacións provinciais; e entre a Escola, a Dirección Xeral de Administración Local e a Fegamp, que ao longo deste ano permitiron realizar 55 actividades e convocar máis de 1700 prazas para o persoal das entidades locais.
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 108 de 1219
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212