Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    A EGAP convoca cursos de linguaxe xurídica galega

    A Escola / Martes, 4 de Decembro de 2012.

    O DOG núm. 231, do 4 de decembro, publica a resolución pola que se convocan cursos de linguaxe xurídica galega para o persoal ao servizo da Administración de xustiza que presten os seus servizos fóra da Comunidade Autónoma de Galicia.


    Estas actividades formativas están dirixidas a maxistrados, xuíces, fiscais, secretarios xudiciais, médicos forenses, funcionarios dos corpos de xestión procesual e administrativa, de tramitación procesual e administrativa e de auxilio xudicial que na data da dita resolución estean a prestar servizos efectivos fóra da comunidade autónoma de Galicia.

    Cursos convocados: Linguaxe xurídica galega – nivel medio (unha edición) e Linguaxe xurídica galega – nivel superior (dúas edicións).
    Modalidade: teleformación
    Número de solicitudes dispoñibles por persoa para esta convocatoria: 1
    Prazo: desde o 5 de decembro ás 8.00 h ata o 17 de decembro ás 14.00 h
    Matrícula: https://egap.xunta.gal/matricula
    Convocatoria: http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2012/20121204/AnuncioO150-301112-0001_gl.pdf

    Xunto co formulario de solicitude é necesario remitir á EGAP (por fax ao número 981 546 339 ou por correo electrónico a xestion.egap@xunta.gal) a validación ou certificación acreditativa de ter superado o nivel de coñecemento do idioma galego para poder ser admitido no curso que se solicita, e un documento que acredite a antigüidade no corpo.

    FX13001 - Medio linguaxe xurídica galega
    FX13002 - Superior de linguaxe xurídica galega
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 109 de 1219
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212