Escola Galega de Administración Pública
Xunta de Galicia - Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN EGAP ABERTA EGAP HOXE EGAP A MÁIS

AVISO E RECOMENDACIÓN: O seu navegador web (Internet Explorer 6) está obsoleto o cal pode provocar que certos elementos se mostren descolocados ou non se carguen correctamente. Ademáis, tampouco poderá ver ben, populares webs como Youtube ou Facebook, entre outras moitas. Recomendámoslle actualizar o seu navegador nos enlaces seguintes:

Internet Explorer Mozilla Firefox Google Chrome Apple Safari Opera
  • Imagen 1 de 7  

    Convocado o IV Curso superior de formación do técnico na Administración local

    Cursos / Venres, 7 de decembro de 2012.

    A Escola Galega de Administración Pública (EGAP) convoca no DOG núm. 233, do 7 de decembro de 2012, o IV Curso de Formación en Administración Local; unha actividade formativa realizada en colaboración coa Dirección Xeral de Administración Local, a Federación Galega de Municipios e Provincias e o Colexio de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos de Galicia.


    Este curso ten como finalidade dar unha visión actualizada e completa, dos coñecementos necesarios para o desenvolvemento do traballo do técnico no ámbito da Administración local. Ademais, busca afianzar os coñecementos dos técnicos que xa exercen as súas funcións neste sector, así como presentar de forma estruturada todas as materias que afectan ao día a día da Administración local.

    Número de prazas: 50
    Destinatarios: empregados públicos con habilitación de carácter nacional, empregados públicos das administracións públicas de Galicia -autonómica, local e das universidades do Sistema universitario de Galicia- (25 prazas), enxeñeiros de camiños colexiados en activo (10 prazas), enxeñeiros de camiños colexiados en situación de desemprego (10 prazas) e estudantes de enxeñaría de camiños, canais e portos precolexiados (5 prazas).
    Duración: 120 horas, entre entre o 11 de xaneiro e o 11 de maio de 2013
    Lugar: aula de formación do Colexio de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos de Galicia, na praza da Milagrosa, núm. 2, entresollado, A Coruña.
    Horario: venres de 16.00 a 20.30 horas e sábados de 9.30 a 14.00 horas
    Prazo de inscrición: ata o 27 de decembro
    Lugar de inscrición: http://egap.xunta.gal/cursoTecnicoLocal
    Máis información: http://egap.xunta.gal/fichacurso/index/6676
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 110 de 799
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Turismo de Galicia