Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    A EGAP ofrecerá máis de 15.000 prazas formativas para os empregados da Administración autonómica en 2013

    Cursos / Xoves, 20 de Decembro de 2012.

    A Escola Galega de Administración Pública ofrecerá máis de 15.000 prazas formativas para os empregados da Administración autonómica galega no 2013, segundo recolle o plan de formación para o vindeiro ano que foi presentado hoxe pola directora da escola, Sonia Rodríguez-Campos, ao Consello Reitor, que presidiu o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda.


    O programa formativo está composto por 393 actividades, tanto específicas como transversais, que suporán ao longo do próximo ano 15.282 prazas. Tal e como destacou a directora da Escola, o plan foi elaborado seguindo as liñas estratéxicas da EGAP, centrándose na aposta pola formación online, na necesidade de incorporar contidos prácticos e na importancia de certas áreas básicas, como son as referidas a Tecnoloxías da Información e da Comunicación, lingua galega e linguas estranxeiras.

    Así, dáse continuidade á incorporación dun 25 por cento dos contidos prácticos e afiánzase a área das TIC, de tal xeito que o vindeiro ano 2013 levaranse a cabo, en colaboración coa Amtega, cursos e probas libres para obter a Certificación galega de competencias dixitais en ofimática que sumarán un total de 6.000 prazas, reforzando o compromiso da Escola para cumprir a Axenda Dixital de Galicia.gal.

    En canto ás linguas, consolídanse os cursos de linguaxe administrativa galega coa convocatoria de 33 actividades que suporán case 1.000 prazas, mentres que se seguirán a impartir cursos das principais linguas estranxeiras, con máis de 1.100 prazas nas modalidades presencial ou de teleformación para inglés, portugués e francés.

    Ademais, como principal novidade, para o ano 2013 a escola iniciará unha liña baseada na autoformación, a cal lle permitirá ao alumnado aprender de xeito autónomo. En consecuencia, a EGAP ofrecerá diferentes cursos que serán adaptados para permitir unha autoaprendizaxe. Os coñecementos adquiridos poderán certificarse mediante unha proba presencial voluntaria. Esta liña formativa dará lugar no próximo ano á convocatoria de 1.000 prazas, distribuídas en 20 cursos.

    Composición do Consello Reitor
    O Consello Reitor da EGAP está presidido polo vicepresidente da Xunta e conselleiro da Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Alfonso Rueda. Ademais, está composto pola directora da EGAP, o director xeral da Función Pública, altos cargos da Xunta de Galicia, expertos de recoñecido prestixio, e representantes das Universidades galegas, da Administración autonómica e local de Galicia, e das organizacións sindicais.
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 111 de 1198
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212