Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    A Xunta aposta pola formación dos directivos das asociacións veciñais coma canalizadores entre cidadáns e administracións

    Cursos / Sábado, 22 de Decembro de 2012.

    A Xunta destacou hoxe a aposta pola formación dos directivos das Asociación de veciños como canalizadores das demandas e necesidades entre os cidadáns, e para facilitar o diálogo coa corporación municipal e cos técnicos do concello.


    O vicepresidente e conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Alfonso Rueda, fixo entrega hoxe dos diplomas do curso de directivos de asociacións veciñais, que tivo lugar na sede da Escola Galega de Administración Pública. O curso estivo dirixido a uns 300 directivos, presidentes e secretarios de asociacións veciñais federadas de toda Galicia e foi impartido nas localidades de A Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo.

    Rueda destacou a importancia das asociacions de veciños para a vida dun concello, xa que grazas a estas, os veciños pódense explicar con mais forza o que reclaman os seus representantes e así poder entendelos e responderlles axeitadamente, coma auténticos canalizadores, e destacou que Cogave aglutina a Federacións Veciñais das catro provincias e representa a máis de 400 Asociacións Veciñais de toda Galicia.

    O obxectivo fundamental desta actividade foi ofrecer aos asistentes unha formación que abranga os distintos aspectos que se teñen que ter en conta á hora de xestionar unha asociación de veciños. Así, o curso serviu para reforzar a cooperación e o diálogo entre veciños e institucións, para ter unha interlocución máis eficaz, máis construtiva e máis responsable, e para que veciños e institucións poidan falar nos mesmos termos e entenderse mellor.

    Esta actividade realizase en virtude dun convenio de colaboración asinado en xullo entre a consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza -a través da Dirección Xeral de Administración Local-, Cogave e a Escola Galega de Administración Pública.
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 112 de 1219
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212