Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    A EGAP continúa coa súa aposta pola formación dos técnicos da Administración local

    Cursos / Venres, 11 de Xaneiro de 2013.

    Esta tarde deu comezo o IV curso de formación do técnico da Administración local, organizado pola Escola Galega de Administración Pública en colaboración coa Dirección Xeral de Administración Local, a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), e o Colexio de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos de Galicia.


    Esta actividade formativa ten como finalidade dar unha visión actualizada e completa dos coñecementos necesarios para o desenvolvemento do traballo dos técnicos no ámbito local. Ademais, busca afianzar os coñecementos dos profesionais que xa exercen as súas funcións neste sector, así como presentar de forma estruturada todas as materias que afectan ao día a día da Administración local.

    Á inauguración asistiron Sonia Rodríguez-Campos, directora da EGAP; Norberto Uzal, director xeral de Administración Local; Encarnación Rivas, secretaria xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo; José Manuel Rey, presidente da Fegamp; e Carlos Nárdiz, decano do Colexio de enxeñeiros.

    O curso está englobado dentro da formación superior e de especialización da EGAP, deseñada para ofrecer ao alumnado uns coñecementos actualizados que lle permitan ao alumnado actualizarse e adaptarse ás necesidades do mercado profesional e laboral.
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 115 de 1219
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212