Tal e como se establece na convocatoria, as persoas que figuran como admitidas deberán achegar por vía telemática unha copia compulsada de toda a documentación a fin de acreditar os méritos alegados na instancia presentada.
A páxina web da EGAP publica as listaxes de solicitudes admitidas aos cursos de obtención do diploma de directivo ou directiva, tanto no ámbito da Administración autonómica coma local. Para acceder a estes documentos é preciso consultar as fichas dos cursos no apartado de Formación – Cursos – Listado de cursos ou buscar directamente os códigos
PU13002 (para a Administración autonómica) e
PU13003 (para a Administración local).
Cómpre lembrar que, para cumprir o sinalado nas respectivas convocatorias e poder continuar co proceso de selección, as persoas que figuren nestas listaxes deben enviar ao correo electrónico
novas.egap@xunta.gal unha copia compulsada de toda a documentación que acredite os méritos alegados na instancia anteriormente presentada. De ser o caso tamén se debe incluír a memoria.
O prazo límite para entregar a documentación remata o día
26 de xaneiro.
Máis información nos teléfonos 981 546 239 e 881 997 251
Enlace para acceder a toda a información do curso (Administración autonómica)
Enlace para acceder a toda a información do curso (Administración local)