Abre o prazo de matrícula de máis de 200 actividades
Cursos / Mércores, 30 de Xaneiro de 2013.
O 31 de xaneiro comeza o prazo de matrícula para 217 actividades formativas que suman un total de 7922 prazas, recollidas no DOG do 30 de xaneiro de 2012 no que se publica a convocatoria de cursos de formación continua para o persoal ao servizo da Administración Pública da Comunidade Autónoma de Galicia.
Poderán participar nestas accións formativas os empregados públicos destinados na Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia que se atopen en situación de servizo activo ou excedencia polo coidado dun fillo ou dun familiar e que reúnan os requisitos establecidos para cada un dos casos no Anexo II. Está exceptuado o persoal docente da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e o persoal sanitario, sempre que non desempeñen postos na Administración xeral.
Prazo de matrícula: do 31 de xaneiro ás 8 horas ata o 9 de febreiro ás 14 horas.
Número máximo de solicitudes por persoa: cinco
Lugar de matrícula:
http://egap.xunta.gal/matricula