Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    Comezan na EGAP os cursos para obter o diploma de directivo

    A Escola / Luns, 25 de Febreiro de 2013.

    O vicepresidente e conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Alfonso Rueda; e a directora da EGAP, Sonia Rodríguez-Campos, asistiron ao acto de inauguración do Curso para a obtención do diploma de directivos autonómicos e locais, no cal destacaron a importancia da formación deste tipo de persoal para poder adaptarse á continua evolución que está a vivir o sector público.


    Esta formación axudaralles aos alumnos a comprender as profundas reformas nas que se atopa inmersa a Administración galega desde hai anos, coa aprobación de normas de extraordinaria importancia no tocante ao funcionamento da Xunta (Lofaxga), á xestión do patrimonio, ou á xestión orzamentaria, e coa lei de disciplina.

    Así mesmo, están en marcha proxectos emprendidos de dixitalización a través da sede electrónica, de simplificación da burocracia e da avaliación e racionalización do funcionamento da administración que se seguirán estendendo nesta lexislatura coa próxima aprobación dunha Lei de racionalización da Administración.

    Neste contexto de revolución e de cambio, os empregados públicos demostran as súas ganas de aprender e mellorar na prestación dos servizos aos cidadáns, o cal se demostrou a través dunha inscrición masiva -case o triplo das prazas ofertadas-.

    Ademais, cómpre resaltar o traballo que levou a cabo a Escola Galega de Administración Pública na modernización e mellora do curso para poder convertelo nun instrumento axeitado que dea resposta aos novos retos que teñen que afrontar os traballadores públicos.

    Directivos autonómicos e locais

    Os cursos para obter o diploma de directivo, tanto para o persoal da Administración local coma autonómica, impartiranse na EGAP desde hoxe ata xullo. Con eles a Escola pretende dotar ao alumnado dos instrumentos e ferramentas de análise e de xestión necesarios para despregar ao máximo as súas potencialidades de liderado, implantar a cultura da calidade pública e a mellora continua, e optimizar a satisfacción do usuario de servizos públicos.

    Os contidos estrutúranse en tres módulos en torno aos tres tipos de actividades e responsabilidades do persoal directivo público: de análise estratéxica e toma de decisións, de xestión pública e de comunicación e negociación.

    Esta actividade é un eixe fundamental para impulsar a modernización e a reforma da Administración, o cal significa optimizar a eficacia e a eficiencia da súa actividade xestora e prestacional. Por este motivo, o dito curso convértese nunha formación imprescindible para adquirir as competencias e habilidades necesarias para o exercicio apto e responsable de funcións directivas.
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 121 de 1219
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212