Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    Dispoñibles nas librerías e na EGAP dúas novas publicacións

    Publicacións / Xoves, 28 de Febreiro de 2013.

    A Escola Galega de Administración Pública engade ao seu catálogo dúas novas monografías que xa se poden adquirir nas librerías e no servizo de Estudos e Publicacións da EGAP, e que proximamente estarán a disposición de todos os usuarios en versión dixital.


    O primeiro dos volumes, titulado O reto demográfico de Galicia, é produto das “Xornadas sobre demografía e desenvolvemento. Claves para unha política de inversión das inercias demográficas en Galicia” que tiveron lugar na EGAP no 2011. A través de catorce capítulos redactados por recoñecidos expertos na materia, a publicación achega información sobre a situación demográfica de Galicia e sobre as posibles actuacións que se poden poñer en marcha desde o ámbito das políticas públicas e da sociedade civil.

    A segunda das publicacións, titulada Resolucións emitidas pola Axencia de Protección da Legalidade Urbanística (APLU) en materia de reposición da legalidade, inclúe parte das resolucións ditadas no ano 2010 pola APLU, tanto as referidas a expedientes de reposición da legalidade urbanística que se tramitan segundo o establecido na LOUGA coma as que se tramitan na liña de servidume de dominio público marítimo terrestre.

    Finalmente, cómpre lembrar que a EGAP dispón dun amplo catálogo de publicacións en liña na súa páxina web, ao que se pode acceder de xeito gratuíto a través da sección de EGAP a máis.
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 122 de 1219
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212