Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    Expertos en economía debaten na EGAP sobre a crise económica e a reestruturación financeira

    A Escola / Xoves, 14 de Marzo de 2013.

    A directora da Escola Galega de Administración Pública, Sonia Rodríguez-Campos, inaugurou esta tarde as "Xornadas sobre crise e reestruturación financeira", que se desenvolverán entre hoxe e maña na Escola e que contarán coa presenza de importantes expertos en economía e dereito internacional.


    No acto de inauguración a directora da EGAP estivo acompañada polo director das xornadas: o catedrático de Economía Aplicada Luis Caramés, e destacou a vontade do centro de converterse nun foro de debate e reflexión co que poder mellorar o funcionamento das administracións e contribuír á definición de posibles políticas públicas. Segundo explicou Rodríguez-Campos, este obxectivo é o que leva a EGAP a prestarlle atención a temas como o destas xornadas, que se atopan no núcleo das preocupacións da cidadanía.

    Así, durante dous días a EGAP será un lugar no que se explicará en que consisten as crises financeiras, como poden entenderse no contexto da globalización e cal está a ser a reacción da Unión Europea perante a actual crise. Neste sentido, o programa do curso comezará esta mesma tarde cun relatorio sobre as políticas monetarias e orzamentarias, a cargo do director das xornadas, Luís Caramés, e a profesora de Economía Aplicada de USC, María Cadaval. Posteriormente, será a quenda da profesora de Dereito Internacional Privado, Laura Carballo, que abordará a protección dos investidores a través das accións colectivas.

    A tarde de hoxe pecharase coa intervención de Guillermo de la Dehesa Romero, o presidente do Centre for Economic Policy Research de Londres, que vén desde a capital británica para falar sobre a globalización financeira e as crises bancarias.

    Xa mañá, a xornada continúa cunha conferencia sobre os principios de Basilea do profesor de Mercados Financeiros da Universidade da Coruña, Antonio Grandío; e outra sobre determinantes do risco no sector bancario, impartida polo director do Máster de Banca, Finanzas e Seguros da USC, Luis Otero. Ademais, o asesor da Consellería de Facenda, Javier Rodríguez Seijo, abordará os mecanismos creados pola UE e o catedrático de Economía Financeira de Santiago, José Antonio Redondo, disertará sobre a prevención e os desafíos futuros nas crises financeiras. O peche das xornadas correrá ao cargo da conselleira de Facenda da Xunta de Galicia, Elena Muñoz.
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 131 de 1219
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212