A Escola convoca, no marco do ciclo de conferencias sobre Cuestións de actualidade no ámbito da Administración pública, da súa organización e do seu funcionamento, o webinario Tres cuestións sobre contratación pública.
Obxectivos: Analizar as últimas evolucións en relación con contratos públicos: contratos excluídos, prezo e impacto da colaboración público-privada en vivenda.
Persoas destinatarias: persoal empregado público, en situación de servizo activo ou asimilada, da Administración autonómica galega, das súas entidades públicas instrumentais e da Administración institucional, da Administración local, da Administración de xustiza e das universidades do Sistema universitario de Galicia, así como a xuristas, profesionais, alumnado universitario e persoas interesadas en xeral.
Data e hora: 25 de novembro de 2025, de 12:30 a 14:30 horas.
Número de prazas: cen (100)
Matrícula: desde as 9:00 horas do 18 de novembro e ata as 23:59 horas do 23 de novembro.