Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    Curso monográfico "As directrices de técnica normativa: como redactar boas normas con claridade"

    A Escola / Martes, 2 de Decembro de 2025.

    Hoxe en día a Administración exerce un papel esencial na regulación das relacións sociais desde todas as súas perspectivas, ben como propoñente das normas que han de aprobar os respectivos parlamentos, ben como lexislador material en determinados ámbitos. Para que este labor normativo se desenvolva de forma óptima, debe axustarse a unha serie de directrices que constitúen unha sorte de manual común para todas as entidades públicas.


    Por iso a Escola convoca, o curso monográfico "As directrices de técnica normativa: como redactar boas normas con claridade".
     
    Obxectivos: Neste curso abordarase, desde un punto de vista práctico, o proceso de elaboración dunha norma, analizando como se han de estruturar os contidos que a integran e que linguaxe e estilo se debe utilizar para que as normas sexan certeiras e comprensibles, así como en xeral todos aqueles aspectos que se deben observar para que a produción normativa sexa de calidade.
     
    Persoas destinatarias: Persoal empregado público, en situación de servizo activo ou asimilada, da Administración autonómica galega, dos seus entes públicos instrumentais e da Administración institucional, que se encadre nalgunha das seguintes categorías:
     
    a) Grupo A (subgrupos A1 e A2) do persoal funcionario.
     
    b) Grupos I e II do persoal laboral.
     
    Data e hora: 16 e 17 de decembro de 2025.
     
    Número de prazas: trinta (30)
     
    Matrícula: desde as 9:00 horas do 2 de decembro e ata as 23:59 horas do 9 de decembro
  • Recursos
  •   Máis información  
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 1306 de 1306
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212