Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    A EGAP pon en marcha os cursos monográficos, unha nova modalidade formativa

    A Escola / Mércores, 27 de Marzo de 2013.

    A Escola Galega de Administración Pública (EGAP) inicia unha nova modalidade formativa artellada mediante "Cursos monográficos", os cales servirán para reflexionar e debater acerca de aspectos nucleares da realidade social, política e económica actual.


    Esta iniciativa ten como eixes vertebradores, por unha banda, a elevada cualificación profesional e intelectual dos relatores, e pola outra, o debate sobre cuestións estratéxicas para o futuro da Administración. Coa súa posta en marcha a Escola persegue propiciar foros de encontro e reflexión sobre aspectos con incidencia directa nas nosas administracións e no seu funcionamento. Ademais, preténdese fomentar o intercambio de ideas e experiencias que contribúan a innovar e a mellorar a xestión pública e a propia organización administrativa.

    Durante o segundo trimestre do ano está previsto organizar o “Curso monográfico sobre retos e perspectivas do emprego público nun contexto de crise” (do 3 ao 5 de abril) e o “Curso monográfico sobre o futuro do Estado autonómico” (xuño).

    Esta nova modalidade formativa, cunha duración que oscilará entre as 12 e as 15 horas, vai destinada aos empregados públicos das administracións galegas, aos profesionais dos sectores implicados en cada un dos cursos e aos interesados en xeral.

    Os inscritos nos cursos terán dereito a recibir un diploma sempre que a súa asistencia sexa igual ou superior ao 90% das horas programadas. Nestes documentos faranse constar os contidos, a data e o lugar de realización da actividade.
  • Recursos
  •   Cursos Monográficos 2013  
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 135 de 1208
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212