Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    A Escola Galega de Administración Pública mellora os seus resultados de satisfacción

    A Escola / Mércores, 27 de Marzo de 2013.

    Tendo en conta os resultados obtidos nas enquisas do ano 2012, a EGAP amosa unha tendencia positiva na satisfacción das súas actividades, pasando dunha valoración media do 4,28 no 2010 a un 4,34 no 2012 (nunha escala de 1 a 5).


    Igualmente, destacan os bos resultados obtidos nos cursos de idiomas e na valoración de aspectos tales como o aumento das actividades prácticas, o axuste dos contidos impartidos aos obxectivos do curso ou a flexibilidade nas actividades de teleformación.

    Ademais, cómpre resaltar que por terceiro ano consecutivo, a Escola publica o informe de resultados da avaliación integral da súa actividade formativa, o cal vén reforzar a transparencia ante os usuarios dos seus servizos.

    O Informe de satisfacción coa formación impartida pola EGAP (2012) é o froito da análise das 4.880 enquisas de satisfacción do alumnado, nas modalidades presencial e teleformación, así como das 314 enquisas dos docentes da Escola.

    Neste documento preséntase, dun xeito estruturado e gráfico, os principais resultados acadados, o cal lle permite á Escola achegar ideas e conclusións para a mellora a súa actividade formativa, así como adaptar a programación dos cursos ás expectativas dos participantes.
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 136 de 1208
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212