Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    O CES renova o convenio de colaboración coa EGAP

    A Escola / Luns, 25 de Febreiro de 2013.

    A directora da Escola Galega de Administración Pública (EGAP), Sonia Rodríguez-Campos González, e a presidenta do CES, Corina Porro Martínez, asinaron a renovación do convenio de colaboración que manteñen ambas as entidades para o desenvolvemento de actividades de formación, divulgación e investigación. Coa sinatura deste documento, esténdese a vixencia do documento ata o 31 de decembro de 2013.


    O convenio entre o CES e a EGAP permite a participación nas actividades da Escola ao persoal do Consello, así como a colaboración e o desenvolvemento conxunto de actividades de carácter formativo, divulgador ou investigador nos eidos de actuación e competencias das dúas institucións. Por este medio, trátase de actuar do xeito máis eficaz e eficiente na utilización dos recursos humanos, materiais e organizativos para o mellor cumprimento dos seus fins a prol da sociedade galega.

    Entre outras actuacións, o acordo tamén contempla a participación do persoal do CES nas actividades da Escola, a edición conxunta de libros e outras publicacións e documentos de traballo e a promoción da actividade investigadora mediante proxectos conxuntos.
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 137 de 1219
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212