Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    A directora da EGAP inaugura o primeiro dos cursos monográficos da Escola

    Cursos / Mércores, 3 de Abril de 2013.

    A directora da Escola Galega de Administración Pública, Sonia Rodríguez-Campos, inaugurou esta tarde o primeiro dos cursos monográficos programados para este ano pola Escola, titulado "Retos e perspectivas do emprego público nun contexto de crise", ao que se inscribiron máis de 120 persoas.




    Durante a súa intervención, Rodríguez-Campos destacou que no contexto de crise no que estamos inmersos o que procede é encarar a situación e propoñer diversas cuestións dentro do fundamento e da lexitimidade social da función pública, ás que darán resposta nun contexto pluridisciplinar expertos na materia que converterán a Escola nestes tres días nun foro de debate sobre o emprego público e a súa situación actual.

    Seguindo estas directrices, o curso analiza a incidencia sobre a función pública das medidas que se están a adoptar en España como resposta á crise na que estamos inmersos, non só desde unha perspectiva estritamente económica ou de recorte do gasto público, senón tamén desde un punto de vista estrutural.

    Nesta liña, algúns dos máis prestixiosos especialistas na materia tentarán suscitar o debate para albiscar a función pública que sairá desta crise e, polo tanto, para dar resposta a preguntas claves nas circunstancias actuais, tales como se hai demasiados funcionarios, se é lexítimo o recorte dos seus soldos ou se o seu rendemento é susceptible de control.

    O curso conta con importantes relatores coma o maxistrado do Xulgado do Contencioso-Administrativo de Madrid, Alberto Palomar; a profesora de Dereito do Traballo e da Seguridade Social, María José Feijóo; o catedrático de Dereito do Traballo, Jesús Martínez; o catedrático de Dereito Constitucional, Roberto Blanco Valdés; e o maxistrado do Tribunal Constitucional, Luis Ortega, entre outros.

    Esta actividade está dirixida ao persoal ao servizo das administracións galegas, profesionais universitarios e calquera persoa interesada en coñecer o réxime de función pública e os retos aos que se enfronta nas circunstancias actuais, e terá lugar na sede da Escola dende hoxe ata o vindeiro venres.
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 138 de 1219
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212