Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    A FGE pon en marcha o seminario A xestión municipal en tempos de crise: posibilidades de financiamento a nivel europeo

    Cursos / Xoves, 11 de Abril de 2013.

    A Fundación Galicia Europa (FGE) organiza o Seminario "A xestión municipal en tempos de crise: posibilidades de financiamento a nivel europeo" dirixido a concelleiros ou técnicos das distintas entidades locais de Galicia encargados de xestionar fondos ou programas europeos e que teñan unha idea de proxecto innovador no eido do ambiente, a eficiencia enerxética ou as enerxías renovables.


    No contexto económico actual, as entidades locais enfróntanse a grandes retos relacionados coa xestión municipal, dado que a escaseza de recursos públicos dificulta o investimento en novos proxectos. Sendo conscientes desta problemática, a FGE, dentro dos seus fins fundacionais de formación en asuntos europeos e de fomento da participación en proxectos europeos, organiza este seminario co obxectivo de identificar socios e posibles proxectos innovadores prestando unha especial atención ás posibilidades de financiamento europeo xa sexa a través dos programas que se xestionan directamente en Bruxelas como LIFE ou coma dos propios fondos estruturais que se xestionan a nivel rexional e nacional.

    Os interesados en asistir a este seminario, que terá lugar o vindeiro 13 de maio no Pazo de Mariñán (A Coruña), deberán cubrir a instancia que se anexa a esta nova e remitila por correo electrónico, antes das 14.00h do día 2 de maio, ao enderezo santiago@fundaciongaliciaeuropa.eu

    O seminario é gratuíto pero estará limitado a 50 prazas. Para a selección dos participantes teranse en conta as ideas de proxectos innovadores contidos no formulario de solicitude, dando prioridade á selección dun alumno por entidade. A listaxe de admitidos publicarase na web da Fundación Galicia Europa e da Federación Galega de Municipios e Provincias 4 días hábiles antes do comezo do curso. O participante ten que confirmar a asistencia ou renuncia polo menos dous días hábiles antes do inicio do curso. A FGE porase en contacto cos alumnos principalmente a través do correo electrónico.
  • Recursos
  •   Programa do seminario  
  •   Formulario de inscripción  
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 141 de 1198
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212