Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    A Xunta formará en materia de igualdade e violencia de xénero a preto de 600 profesionais das administracións locais galegas

    Cursos / Venres, 12 de Abril de 2013.

    A Xunta formará en materia de igualdade e violencia de xénero a 580 profesionais das administracións locais galegas, no marco da EGAP para profesionais da igualdade. A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, e a directora da Escola Galega de Administración Pública, Sonia Rodríguez-Campos, presentaron hoxe a convocatoria de accións formativas on-line dirixidas ao persoal técnico dependente das administracións locais galegas.


    A titular de Igualdade explicou que as accións formativas para este ano serán o Curso de xénero e discapacidade, o Curso de vías de igualdade para o emprendemento: a empresa cooperativa (de setembro a novembro); o Curso de discapacidade e violencia de xénero (de outubro a decembro); o Curso sobre o impacto da violencia de xénero en nenos, nenas e adolescentes (de maio a xullo), e o Curso de trata de persoas con fins de explotación sexual (de setembro a novembro).

    Todos os cursos van dirixidos ao persoal que traballa nos centros e recursos en materia de igualdade dependentes das administración. O prazo de matrícula será dende o 15 ata o 22 de abril de 2013 e as persoas que queiran rexistrarse teñen que entrar na Zona de matrícula da EGAP e introducir os seus datos persoais.

    López Abella fixo mención especial a un dos cursos que se vai a impartir: o de impacto da violencia de xénero en nenos, nenas e adolescentes, no que participará persoal técnico do Goberno portugués e da rexión autónoma das Azores que xunto coa UDC e a Fundación Meniños elaboraron unha Guía de intervención con nenos, nenas e adolescentes expostos a violencia de xénero.

    Pola súa banda, a directora da EGAP, Sonia Rodríguez-Campos, destacou que a Escola, “como centro oficial de docencia, de investigación e de divulgación ao servizo dos empregados públicos, da Administración pública e, por suposto, da cidadanía en xeral, ten coma obriga colaborar no ámbito da violencia de xénero”.

    Estas iniciativas enmárcanse nun convenio de colaboración entre ambas institucións para o desenvolvemento conxunto de actividades de carácter formativo, divulgador e investigador; actuando de forma máis eficaz e eficiente na utilización dos medios humanos, materiais e organizacionais de cada unha delas, e redundando, sen dúbida, no beneficio da cidadanía e da sociedade galega no ámbito específico da igualdade de xénero.
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 142 de 1219
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212