Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    A Escola conmemorará o Día das Letras Galegas con varios actos ao redor da figura de Vidal Bolaño

    A Escola / Luns, 6 de Maio de 2013.

    Co gallo do Día das Letras Galegas, a Escola Galega de Administración Pública, organizará unha conferencia, unha proxección cinematográfica e un paseo guiado por Santiago para celebrar a obra literaria de Roberto Vidal Bolaño, autor e actor teatral compostelán.


    Ao paseo guiado por Santiago de Compostela, para o cal hai 40 prazas dispoñibles, só terá acceso o persoal ao servizo das administracións públicas de Galicia. No caso de presentárense máis de 40 solicitudes, teranse en conta a data e a hora de entrada no Rexistro Xeral da EGAP ou a data e a hora do fax; terá preferencia o persoal da Xunta de Galicia.

    No caso da conferencia e da proxección cinematográfica, poderá asistir calquera persoa interesada.

    Conferencia: 15 de maio ás 18.30 horas no Salón de actos da EGAP
    Proxección: 17 de maio ás 10.00 horas no Salón de actos da EGAP
    Paseo guiado: 17 de maio, despois da proxección

    Inscricións: remitir por rexistro ou por fax (981 546 249 e 981 546 330) o anexo que aparece na convocatoria antes das 12 horas do 15 de maio.
  • Recursos
  •   RESOLUCIÓN do 24 de abril de 2013 pola que se anuncian os actos en conmemoración do Día das Letras Galegas.  
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 154 de 1219
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212