Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    A EGAP pon en marcha un curso sobre o procedemento expropiatorio

    A Escola / Venres, 3 de Maio de 2013.

    A Escola Galega de Administración Pública (EGAP) convoca no DOG núm. 85, do 3 de maio de 2013, o Curso sobre expropiación forzosa e valoracións Procedemento expropiatorio, métodos de valoración e criterios do Xurado de Expropiación de Galicia para a determinación do prezo xusto. Esta actividade formativa será realizada en colaboración colaboración co Xurado de Expropiación de Galicia, a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) e a Dirección Xeral de Administración Local.


    O obxectivo desta actividade formativa é que os destinatarios obteñan unha visión práctica e realista da complexa materia das actuacións en materia de expropiación da Xunta de Galicia e dos municipios da Comunidade Autónoma, analizando cuestións de actualidade neste campo, tanto de forma individual como en grupo.

    Número de prazas: 35
    Destinatarios: empregados públicos -do grupo A (subgrupos A1 e A2), dos grupos I e II do persoal laboral ou persoal eventual- (21 prazas), e profesionais con formación superior relacionada coa materia de estudo (14 prazas).
    Duración: 64 horas
    Datas: entre maio e decembro de 2013
    Lugar: Sede da EGAP, Santiago de Compostela
    Horario: os martes de 16.00 a 20.00 h
    Prezo da matrícula: entre 225 e 450 euros
    Prazo de inscrición: do 4 ao 18 de maio
    Lugar de inscrición: http://egap.xunta.gal/cursoExpropiacion
    Máis información: 981 546 238, 981 546 239 e 981 546 241 / Ficha do curso
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 153 de 1224
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212