Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    A Escola convoca o III Curso de Rehabilitación e Revitalización Urbana en Galicia

    A Escola / Venres, 3 de Maio de 2013.

    A Escola Galega de Administración Pública (EGAP) convoca no DOG núm. 85, do 3 de maio de 2013, o III Curso de Rehabilitación e Revitalización Urbana en Galicia; levado a cabo en colaboración coa Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), a Dirección Xeral de Administración Local e o Instituto de Estudos do Territorio (IET).


    Esta actividade formativa ten como obxectivos transmitir a necesidade da renovación e rehabilitación urbana como unha alternativa ao modelo de crecemento urbano sen límites, dar a coñecer unha metodoloxía válida para realizar as memorias-programa para a petición de ARI´S, e amosar como conseguir unha xestión eficiente dos programas de rehabilitación, entre outros.

    Número de prazas: 40
    Destinatarios: empregados públicos -do grupo A (subgrupos A1 e A2), dos grupos I e II do persoal laboral ou persoal eventual- (30 prazas), e profesionais con formación superior relacionada co eido de estudo (10 prazas).
    Duración: 50 horas, entre o 3 de xuño e o 3 de xullo de 2013
    Lugar: Sede da EGAP, Santiago de Compostela
    Horario: os luns, martes e mércores das 16.00 ás 20.00 horas
    Prezo da matrícula: entre 160 e 320 euros
    Prazo de inscrición: do 4 ao 18 de maio
    Lugar de inscrición: http://egap.xunta.gal/cursoRehabilitacion
    Máis información: 981 546 238, 981 546 239 e 981 546 241 / Ficha do curso
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 152 de 1224
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212